Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa especial de actividades en Semana Santa en Muncyt Coruña

O museo ofrece un programa de actividades concibido para achegar o patrimonio científico e tecnolóxico de forma participativa e amena. A través da aplicación do método de traballo de Alexander von Humboldt —baseado na observación, a experimentación, a medición e a conexión entre fenómenos—, as actividades convidan a explorar e comprender a colección do museo e a exposición temporal "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para unha nova visión da natureza desde unha perspectiva activa e lúdica".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 31/03/2026 ata o 05/04/2026

Prezo:

Gratuíta con reserva previa ou no despacho de billetes

Páxina web:

https://muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña

Tel.: 689 578 727

Correo electrónico: reservascor@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

  • Talleres infantís
    • De martes a sábado, ás 11.15 h · Público infantil (6‑12 anos)
    • O método de traballo de Alexander von Humboldt baseábase en explorar, recoller, medir e conectar. Alí onde se atopaba, observaba e anotaba as formas, tipos e comportamentos da flora e a fauna, recollía exemplares e realizaba todo tipo de medicións. Nestes talleres, as persoas participantes reproducirán algúns dos seus instrumentos para convertérense en auténticas expedicionarias humboldtianas.
  • Xincana sobre Humboldt
    • De martes a domingo, ás 13.15 h · Sábados, sesión extra ás 18.00 h · Público familiar (6‑12 anos)
    • Alexander von Humboldt, a persoa con máis elementos nomeados na súa honra, é o protagonista desta xincana que convida a percorrer o museo e descubrir a nova exposición temporal. A actividade realízase mediante dispositivos móbiles dos/as propios/as participantes.
  • Xogo de pistas "Naturgemälde"
    • Martes, mércores e sábado, ás 16.00 h · Domingo, ás 11.15 h · Público familiar (a partir de 6 anos)
    • Inspirado na idea de Humboldt de que todas as forzas da natureza están interconectadas, este xogo propón localizar e identificar, en distintos espazos do museo, mostras de diversas especies escondidas entre as exposicións.
  • Visitas guiadas
    • De martes a domingo, ás 12.30 h · Sábado, sesión extra ás 17.00 h · Público xeral e familiar (idade recomendada: a partir de 6 anos)
    • Visitas guiadas á colección permanente do museo e ás exposicións temporais. A visita familiar inclúe un xogo de pistas e unha actividade participativa adaptada ao público infantil.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión