Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ruta ao Exilio 2026

A Asociación Ruta ao Exilio e Be Wild Be Proud organizan a 7ª edición de “Ruta ao Exilio”, unha viaxe formativa no que 40 mozos entre 16 e 17 anos percorrerán, do 15 ao 28 de xullo, os lugares de memoria do exilio republicano e civil en Euskadi, Navarra e Cataluña. A expedición realizarase, fundamentalmente, a pé e en autobús.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/07/2026 ata o 28/07/2026

Inscricións:

Ata o 14/05/2026

Prezo:

Gratuíto, aínda que cada participante deberá asumir o custo de desprazamento de ida e volta ata o punto de encontro.

Requisitos:

  • Residir en España e nacer entre o 28 de xullo de 2008 e 15 de xullo de 2010 (ambos os incluídos).
  • Coa inscrición deberase presentar:
    • - un vídeo que inclúa unha presentación persoal e a proposta de proxecto creativo que se desexe presentar. (mínima de 2 minutos e máxima de 3 minutos e tamaño non superior a 100 MB)
    • - unha proposta de proxecto creativo: desenvolverase en torno ao eixo temático de Ruta ao Exilio 2026: "Bicar o pan", reflexionando sobre a mesa como espazo de resistencia, o pan como xesto político e cotián e a memoria que se transmite entre xeracións. Pode ser un testemuño familiar sobre a fame ou o racionamento, un poema, unha melodía ou canción tradicional, unha receita... e o formato é libre (redacción, investigación, deseño, poesía, ilustración, radio, teatro, vídeo...)
  • Inscrición en liña en https://rutaalexilio.com/#participar.

Páxina web:

https://rutaalexilio.com

Contacto:

Asociación Ruta ao Exilio

correo-e: rutaalexilio@gmail.com - coordinacion@rutaalexilio.com

"Ruta ao Exilio: Coñece a Historia desde onde ocorreu" é un proxecto educativo dirixido a mozos entre 16 e 17 anos que ten como obxectivo achegar a historia recente española ás novas xeracións a través de percorridos polos lugares de memoria do exilio republicano español, con actividades formativas e socioculturais.

A expedición percorrerá as principais localidades e sendas do exilio republicano transpirenaico, atravesando tanto zonas montañosas e rurais como zonas urbanas, polo seu interese histórico, cultural e/ou paisaxístico. A actividade da ruta consistirá, esencialmente, na realización de talleres históricos e culturais, marchas pola montaña e visitas a museos e memoriales.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión