Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Top Scientists 2026

O programa Top Scientists é o concurso nacional da Fundación 3M, en colaboración con United Way España, co que se busca potenciar o talento e interese pola ciencia entre estudantes de 3º, 4º de ESO, 1º de Bacharelato e ciclos formativos de grao básico de España. Unha oportunidade de aprendizaxe única para que as novas xeracións convertan as súas ideas en realidade a través da ciencia, contribuíndo de forma positiva na sociedade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 19/12/2025

Requisitos:

  • Poden participar no programa estudantes escolarizados en todo territorio español nos seguintes cursos:
    • - 3º e 4º de ESO
    • - 1º de Bacharelato
    • - Ciclos formativos de grao básico (FP básica)
  • Todas as candidaturas deben cumprir os seguintes criterios:
    • - Cada candidatura será presentada por unha parella de estudantes dos citados cursos que estean escolarizados no mesmo centro (non necesariamente da mesma clase nin do mesmo curso).
    • - Cada participante tan só poderá presentar unha única candidatura que deberá estar baseada nunha idea orixinal que solucione ou mellore a situación actual de persoas, comunidades ou do medio ambiente nalgunha das seguintes categorías:
      • Seguridade e Saúde
      • Mobilidade
      • Medio Ambiente
      • Consumo Enerxético
      • Social e Comunidades
    • - É imprescindible que a solución proposta sexa innovadora (que non exista na actualidade) e tampouco pode tratarse dun novo uso dalgún produto ou solución xa existente.
    • - O formulario da candidatura debe incluír o consentimento parental para menores de idade e a cesión de datos e imaxe. Tamén o link de Youtube ao vídeo curto de máximo 2 minutos de duración e o documento explicativo do proxecto.

Remuneración / Custo:

  • Parella Gañadora: viaxe internacional con todos os gastos pagos para gozar dunha experiencia científica, cultural e de lecer única + apoio no desenvolvemento do proxecto científico gañador.
  • Docente e Centro Educativo Gañador: 10.000 € para investir no laboratorio de ciencias do centro.

Páxina web:

www.3m.com.es

Contacto:

Fundación 3M. Programa Top Scientists

correo-e: topscientistsspain@mmm.com

Fases do Programa Top Scientists:

  • En xaneiro de 2026 comunicaranse as cinco parellas finalistas quen participará na Fase Final de Top Scientists.
  • Ao longo dos meses de febreiro, marzo e abril de 2026 terá lugar a Fase Final coas cinco parellas gañadoras que consistirá en sesións en liña de mentorías con científicos de 3M para apoiar o desenvolvemento do proxecto, mesa redonda inspiracional con expertos/as de ciencia e tecnoloxía e presentacións do progreso de cada proxecto.
  • En abril de 2026 terá lugar a Gala Final en Madrid onde se comunicará a parella gañadora e farase entrega dos premios.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión