Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
V Xornada de Portas Abertas Presencial no Campus de Ferrol da UDC
O Campus Industrial de Ferrol e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan a súa V Xornada de Portas Abertas Presencial dirixida a alumnado de Bacharelato e de ciclos superiores de FP. As persoas participantes poderán coñecer de primeira man as diferentes instalacións e titulacións, escollendo entre tres posibles itinerarios: Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas + Artes e Humanidades ou Enxeñaría.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
25/03/2026
Inscricións:
Ata o 16/03/2026
ata as 14.00 h
Horario:
Quenda de mañá (colexios e institutos): de 9:30 a 13:45 h.
Quenda de tarde (público xeral: visitas individuais, grupos de amigos/as, familias...): de 16:00 a 20:00 h.
Prezo:
de balde
Requisitos:
a) Para os grupos de alumnado (BACH e FP):
- Deberán cubrir o formulario tantas veces como itinerarios desexen facer, colocando o número de alumnos que preven para cada itinerario (un/a mesmo/a alumno/a so pode facer un único itinerario)
- O alumnado deberá ir acompañado polo profesorado do centro.
b) Para o público xeral:
- Cada persoa deberá elixir só un dos itinerarios
- As persoas inscritas poderá ir acompañadas de familiares, amigos...
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible