Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Verán REAJ 2026: Intercambio cultural Alemaña - España

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) e a Asociación Alemá de Albergues (Deutsche Jugendherbergswerk – DJH) organizan para o mes de agosto un intercambio cultural con mozos de España e Alemaña no que a cultura e a identidade serán o eixo temático.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/08/2026 ata o 25/08/2026

Inscricións:

Ata o 31/03/2026

Prezo:

  • O programa é gratuíto, estando incluído tanto o aloxamento como a manutención e as actividades.
  • *O aloxamento levará a cabo en albergues xuvenís da Rede.
  • **Os participantes terán que facerse cargo do transporte de ida e volta, aínda que este será reembolsado ao finalizar, a condición de que cumprisen cos compromisos do Programa.

Requisitos:

  • Mozos de entre 18 e 26 anos de idade
  • Nivel de inglés suficiente para comunicarse
  • Vontade e curiosidade para coñecer outras culturas e ganas de participar en actividades e facer novas amizades.

Páxina web:

https://reaj.com/verán-reaj-2026-intercambio-cultural-alemania-espana

Contacto:

REAJ - Rede Española de Albergues Xuvenís

Tel.: 913 08 46 75

correo-e: contacto@reaj.com

Trátase dun intercambio xuvenil no que 10 mozos de Alemaña convivirán con 10 mozos de España durante dúas semanas, unha en Alemaña e outra en España (os/as participantes deben asistir ás dúas):

  • do 10 ao 17 de agosto de 2026 (Frankfurt, Mannheim e Mosbach)
  • do 18 ao 25 de agosto de 2026 (Barcelona, Benicàssim e Valencia)

Durante o programa haberá sesións destinadas a debater e reflexionar sobre a cultura e a identidade e tamén actividades lúdicas destinadas a fomentar o entendemento entre culturas a través da cooperación e o traballo en equipo.

INSCRICIÓN: ata o 31 de marzo no formulario dispoñible en https://reaj.com/verán-reaj-2026-intercambio-cultural-alemania-espana.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión