Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Viñetas desde o Atlántico 2026

A Coruña converterase un ano máis no gran referente das e dos amantes do cómic coa celebración da 29ª edición de Viñetas desde o Atlántico. Neste 2026 incorpórase a nova sección Viñetas Biblio que quere poñer en valor o traballo das Bibliotecas Municipais da Coruña arredor do cómic.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/08/2026 ata o 16/08/2026

Prezo:

gratuito

Páxina web:

https://vinetasdesdeoatlantico.com

Contacto:

Viñetas EXPO: mostras dentro da sección oficial e paralelas ao festival no Kiosco Alfonso, Palexco, Palacio de María Pita, Sala Salvador de Madariaga, Casa Picasso, Casa Museo María Pita, Casa Musero Casares Quiroga, Casa das Ciencias, Fundación Luis Seoane, Bibliotecas Municipais e outras sedes colaboradoras.

Viñetas SHOW: actividades no Teatro Colón (concerto ilustrado, dúas proxeccións, unha obra teatral, pódcast de variedades presentado polo actor David Perdomo). Maratón de pódcasts especializados en BD e cultura pop no Ciclo de Artesáns e microentrevistas ilustradas na Carpa Rúa BD.

Viñetas RÚA BD: coa participación de editoras e librarías especializadas en banda deseñada.

Viñetas PRO: actividades para profesionais e estudantes do sector (obradoiros, relatorios, revisión de portafolios e encontros sectoriais).

Viñetas MINI: sección infantil de divulgación e entretemento (obradoiros e teatro).

Viñetas BIBLIO: actividades de dinamización e exposicións bibliográficas en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

Viñetas INCLUSIVAS: actividades de banda deseñada relacionadas coa inclusión social.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión