Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Voluntariado "Travel Different For Future 2026"

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), xunto coas asociacións de albergues de Eslovenia e Portugal e a rede de grupos xuvenís alemá JANUN Hannover, busca novas que queiran unirse ao seu equipo de voluntarios/as no programa "Travel Different For Future 2026" para aprender sobre viaxes sustentables e compartir estes coñecementos con outros mozos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/08/2026 ata o 30/08/2026

Inscricións:

Ata o 31/03/2026

Prezo:

O programa é gratuíto, inclúe tanto aloxamento como manutención e actividades.

*Os participantes terán que facerse cargo do transporte de ida e volta ao seminario internacional de Coma-Ruga, Tarragona, aínda que este será reembolsado ao finalizar o Programa a condición de que o participante asista e participe debidamente nas actividades.

Requisitos:

  • Mozos de entre 18 e 26 anos de idade con bo nivel de inglés
  • Con vontade e curiosidade para coñecer outras culturas e facer novas amizades
  • Comprometidos co coidado do medio ambiente

Páxina web:

https://reaj.com/travel-different-for-future-2026

Contacto:

REAJ - Rede Española de Albergues Xuvenís

Tel.: 913 08 46 75

correo-e: contacto@reaj.com

O Pograma busca mozos voluntarios/as de Alemaña, Eslovenia, Portugal e España para desenvolver talleres creativos e promover viaxes sustentables entre a mocidade e se compromentan a:

  • Participar nun seminario formativo internacional que terá lugar do 22 ao 30 agosto de 2026 en Coma-Ruga, Tarragona (tanto viaxe como aloxamento e manutención están cubertos polo programa)
  • Participar en reunións en liña mensuais durante todo o ano con mozos doutros países
  • Unha vez recibida a formación, impartir talleres para concienciar a outros mozos.
  • Que esta colaboración sexa sustentable no tempo, se é posible ata verán de 2027.

INSCRICIÓN: ata o 31 de marzo no formulario dispoñible en https://reaj.com/travel-different-for-future-2026.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión