Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Webinar sobre oportunidades de emprendemento: estratexias e programas de apoio en Europa

A Fundación Galicia Europa organiza o próximo mércores 17 de xuño ás 16.00 h, o seu segundo webinar gratuito dirixido a mozas e mozos que queiran emprender e aprender de persoas empresarias experimentadas noutros países.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/06/2020

Xa rematou

Inscricións:

Ata o 16/06/2020

Preme aquí

Páxina web:

http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/index.asp

Contacto:

OFICINA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rúa do Hórreo, 61

15701 Santiago de Compostela

Tel: +34 981 541012 santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

OFICINA DE BRUXELAS

Rue de la Loi, 38 2°

1040 Bruxelles

Tel: +32 2 7355440

bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

Este webinar forma parte da iniciativa #Euroxuventude, froito da colaboración entre a FGE e a Dirección Xeral Xuventude da Xunta de Galicia para informar aos mozos e mozas galegas sobre as oportunidades que ofrece a UE. O seminario tamén está dirixido a xoves do norte de Portugal como consecuencia da participación da FGE en varios proxectos de cooperación transfronteiriza no eido da mocidade.

Presentaremos o Programa Erasmus para Emprendedores (EYE) que ofrece a todos estes sectores da poboación unha gama de oportunidades afíns aos seus intereses. O intercambio de experiencias prodúcese no marco de estancias con persoas empresarias experimentadas durante as cales os novos emprendedores poderán adquirir as habilidades necesarias para dirixir unha pequena ou mediana empresa. As emprensas ou emprendedores anfitrións benefícianse dunha nova perspectiva sobre o seu negocio e adquiren a oportunidade de cooperar con socios estranxeiros ou coñecer novos mercados.

Tamén presentaremos Coworking LUG2 un espazo onde se aloxan emprendedores creativos coa posibilidade de participar na creación de proxectos comúns e LUG OPEN FACTORY un proxecto integral para Galicia baseado na creatividade. É tamén un Servizo Xuvenil e de desenvolvemento dun modelo para apoiar a creación de empresas sociais e creativas en novas contornas a través do empoderamiento dos mozos para que presenten solucións a problemas sociais do futuro.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión