Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Wonderland, de Annie Leibovitz

A Fundación MOP organiza "Wonderland", de Annie Leibovitz, a gran retrospectiva da obra desta fotógrafa e retratista. A exposición fará un percorrido polo abraiante universo fotográfico de Leibovitz en toda a súa dimensión, e achegaranos a obra da artista a través de catro seccións diferenciadas que nunca antes foran presentadas de forma conxunta nunha única mostra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/11/2025 ata o 01/05/2026

Horario:

  • De luns a xoves: 10:00-20:00h
  • Venres: 10:00-21:00h
  • Sábados e domingos: 11:00-21:00h.

Prezo:

Visitas guiadas: 5€.  Menores até 16 anos: de balde.

Páxina web:

themopfoundation.org

Contacto:

Espazo de Exposicións da Fundación MOP

Centro MOP. Peirao de Batería R/ Xardíns de Méndez Núñez, s/n. 15003- A Coruña

Formulario contacto: https://themopfoundation.org/gl/contact

www.instagram.com/themopfoundation

Partindo dunha instalación inmersiva do traballo da artista cos Rolling Stones, a exposición avanza a través doutras dúas seccións -Early Years e Stream of Consciousness-, que amosan a evolución dos códigos da fotógrafa nos seus diferentes estilos, plasmando o seu proceso de creación e a súa voz narrativa.

A última parte da exposición, Wonderland, que tamén lle dá o título ao conxunto da mostra, reúne 100 impresións (moitas delas nunca antes expostas) e instalacións de vídeo do seu impresionante traballo no mundo da moda e o estilo.

VISITAS GUIADAS:

É posible reservar unha visita guiada, en galego ou español,  a través da páxina da exposición.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión