Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XIII Carreira Enki 2026

Volve á Coruña a CARREIRA ENKI, unha proba non competitiva, aberta a persoas de todas as idades e condicións. A través de divertidas probas e desafíos, promove a inclusión, dá visibilidade ás persoas e aos colectivos con diversidade funcional e fomenta o respecto, a convivencia e a educación na diversidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/10/2026

Horario:

14:00h

Número de prazas:

Limitadas.

Prezo:

1) Xeral: 8€.

2) Menores de 10 anos e persoas con discapacidade: 6€.

Páxina web:

https://enkiproyecto.com

Contacto:

FUNDACIÓN ABRENTE (ENKI)

R/ Novoa Santos 36 Baixo, 15006 A Coruña

Tel: 881 243 819

info@enkiproyecto.com

www.instagram.com/enki_proyecto

www.facebook.com/enkifundacionabrente

Documentos:

Regulamento (pdf) (575 KB)

A XIII Carreira ENKI pola inclusión é unha proba lúdica e non competitiva de obstáculos, cun percorrido urbano duns 2,5 km. O circuíto deseñarase desde unha perspectiva de accesibilidade e inclusión, facilitando a participación en igualdade de oportunidades. Os obstáculos serán voluntarios e contarán con alternativas accesibles e sinalizadas.

Lugar: Explanada do Parrote. R/ Paseo do Parrote, s/n. 15001- A Coruña

INSCRICIÓNS

As inscricións abriranse o 4 de setembro ás 12:00 h e permanecerán dispoñibles ata completar o número total de dorsais habilitados pola organización.

  1. En liña: a través da web https://carrera.enkiproyecto.com/
  2. De maneira presencial: na planta de Deportes do Corte Inglés (rúa Ramón y Cajal, 57, A Coruña).

As inscricións finalizarán no momento en que se esgoten os dorsais dispoñibles, aínda que non se alcanzase unha data límite anunciada previamente.

A inscrición considerarase formalizada unha vez completado correctamente o proceso correspondente. Non se permitirá participar na Carreira ENKI sen o dorsal de participación.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión