A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán celebrará o vindeiro 16 de setembro os 175 anos do nacemento de Emilia Pardo Bazán cunha xornada que revisitará o seu papel como pioneira do xénero negro en España.
Para público en xeral
16/09/2026
Ás 18:00 h.
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Rúa Tabernas, 11, 15001 A Coruña
Tel.: 981 20 73 08
O encontro partirá dos contos criminais da escritora, da man do investigador Xaquín Núñez Sabarís, para poñelos en diálogo coa narrativa negra galega contemporánea contando coa ollada de tres voces creadoras: Pedro Feijoo, Inma López Silva e Ana Viéitez. Contarán co acompañamento musical de Mario Diz no violín como contrapunto emocional arredor da tensión, o suspense e a intensidade dramática propias do xénero.
Unha xornada de entrada libre ata completar aforo que comezará ás 18:00 h.
Dende o 04/08/2026 ata o 31/08/2026
Ata o 22/09/2026
ás 15.00 horas.
Dende o 06/08/2026 ata o 28/08/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible