Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

14 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Metamorphosis

    cartel da exposición Metamorfose

    Cando:

    Dende o 17/10/2026 ata o 05/12/2026

    En poderás O Museo Pequeno gozar de "Metamorfose", exposición da artista e deseñadora turco-estadounidense Deniz Kara, tamén coñecida como Perscadia. Consta dunha serie de alfombras realizadas con técnica de tufting, lámpadas inspiradas en capullos, móbiles e estudos de materiais, conectados a través de ideas de transformación, movemento e resonancia.

  • Exposición «Miradas desde la forma» na galería ARGA

    Cartaz da exposición.

    Cando:

    Dende o 08/10/2026 ata o 03/11/2026

    A Galería ARGA acolle a exposición «Miradas desde la forma», de María del Carmen Alonso Polledo, na que a figura, a dualidade e a cor constrúen unha linguaxe propia. Unha proposta que convida a observar con atención, descubrir os detalles e mergullarse nun universo plástico cheo de personalidade.

  • II Feira de Minerais da Coruña

    Cartel Oficial da Feira

    Cando:

    Dende o 15/10/2026 ata o 17/10/2026

    O Centro Comercial Os Rosales (A Coruña) acolle a celebración dunha nova edición da Feira de Minerais do 15 ao 17 de Outubro de 10.00 a 21.00 h.

  • Preguntas ao clima. Visitas-taller á Colección de Arte da FMJJ en familia

    Imaxe da celebración da mesma actividade no pasado.

    Cando:

    O 24 de outubro e 12 de decembro de 2026, e o 20 de febreiro e 10 de abril de 2027.

    O Centro de Arte da Fundación María José Jove organiza «Preguntas ao clima», unha visita-taller dirixida a familias que convida a descubrir, a través das obras da Colección Permanente, como as persoas e outros animais adáptanse a distintos climas e afrontan desafíos como a calor, a falta de auga e os cambios na contorna.

  • Exposición "Verde. Natureza e paisaxe" na Sede Afundación da Coruña

    Cadro da exposición.

    Cando:

    Dende o 27/10/2026 ata o 30/01/2027

    A Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «Verde. Natureza e paisaxe», unha mostra que reúne preto de medio centenar de artistas para trazar un percorrido pola presenza da natureza e a paisaxe na creación artística galega, desde o século XIX ata a actualidade.

  • Elas pisaron a lúa

    Muller astronauta observando a Venus de Botticelli e máis obras de arte

    Cando:

    Dende o 01/10/2026 ata o 30/10/2026

    A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle a mostra bibliográfica "Elas pisaron a lúa", unha proposta que busca darlles visibilidade ás mulleres que, malia as súas achegas á literatura, á ciencia e á sociedade, foron silenciadas ou relegadas ao esquecemento.

  • Exposición "Vítor Mejuto. Coruña ciudad" na Sede Afundación da Coruña

    Banner da web.

    Cando:

    Dende o 14/10/2026 ata o 09/01/2027

    A Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «Vítor Mejuto. Coruña ciudad», unha mostra que invita a redescubrir a cidade a través da mirada do artista sobre as formas da arquitectura cotiá, os seus detalles e solucións construtivas.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    portada do folleto da axenda de outubro: Explora, Descobre, Crea

    Cando:

    Dende o 01/10/2026 ata o 31/10/2026

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de outubro, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.

  • Festigual 2026

    Cartel da edición 2026 do festival

    Cando:

    Dende o 14/11/2026 ata o 19/11/2026

    Volve o Festigual un ano máis, celebrando este 2026 dez anos de cultura, inclusión e diversidade. Música, teatro, danza, cinema, artes visuais e novas experiencias nun festival feito para todas.

  • Percorridos comentados "Habitar o inesperado" no Centro de Arte da FMJJ

    Foto dunha visita á exposición.

    Cando:

    Os días 15 e 29 de outubro, 12 e 26 de novembro e 10 de decembro de 2026; 21 de xaneiro, 4 e 18 de febreiro, 4 e 18 de marzo, 1, 15 e 29 de abril e 13 e 27 de maio de 2027.

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 27/05/2027

    O Centro de Arte da Fundación María José Jove organiza o percorrido comentado «Habitar o inesperado», unha proposta que convida a descubrir diferentes formas de achegarse, percorrer e activar tanto a Colección Permanente como as exposicións temporais. A través dunha visita guiada, as persoas participantes poderán explorar as obras e os espazos do centro desde novas perspectivas.

resultados 14

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión