20 resultados

Dende o 09/09/2026 ata o 09/10/2026
ás 14:00 h.
Axuda directa para financiar servizos de conciliación contratados polas familias durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. Cobre a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, campamentos -salvo os organizados por administracións públicas-, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Dende o 27/08/2026 ata o 16/11/2026
ás 14:00 horas, ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Axudas para menores de 36 anos para a adquisición ou autopromoción de vivenda en concellos con poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.

Ata o 30/10/2026
A Consellería de Política Social e Igualdade convoca axudas económicas destinadas a proporcionar apoio ás mulleres vítimas de violencias sexuais, co obxectivo de contribuír á súa autonomía económica e recuperación.

Ata o 31/10/2026
Axuda de 400 euros do programa Bono Cultural Joven, que se aboará en tarxetas prepago personalizadas, para adquirir produtos, servizos e actividades culturais.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible pon en marcha o programa Verano Joven: descontos para lle facilitar á mocidade de entre 18 e 30 anos viaxar tanto por España, en trens e os autobuses de titularidade estatal, como por Europa con Interrail.

Ata o 27/11/2026
A Consellería de Política Social e Igualdade ten convocadas as axudas que teñen como finalidade proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero e indemnizacións para facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

Ata o 01/12/2026
Convocatoria de axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia machista, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

Ata o 31/12/2026
A Consellería de Política Social e Igualdade convocou para o ano 2026 axudas económicas de carácter periódico a mulleres que sofren violencia machista, para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación para os casos das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual.

Ata o 05/10/2026
ás 20:00h.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten aberto o prazo para as solicitudes das Axudas de emerxencia social do ano 2026, para as persoas emigrantes de orixe galega residentes en América con escasos recursos, e aos seus descendentes, para atender situacións de imperiosa necesidade derivadas de circunstancias extraordinarias sobrevidas nos últimos 12 meses.

Ata o 30/09/2026
até as 20:00h ou até esgotar fondos.
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia, INEGA, mantén aberta o prazo de solicitudes para as axudas na adquisición de vehículos novos turismos (M1) ou furgonetas (N1) que cumpran determinadas características enerxéticas.
resultados 20
Ata o 13/10/2026
Ata o 02/10/2026
Dende o 10/09/2026 ata o 30/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible