Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
11 bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca once bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 22/07/2026
Duración:
A data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2026, e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2028.
Requisitos:
Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
Estar en posesión do título universitario exixido no proxecto para o que presente a solicitude.
Ter rematado os estudos conducentes ao título no curso académico 2007/08 ou posterior.
Acreditar o coñecemento da lingua galega co Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión da titulación en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
Non ter sido beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou de contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos
Remuneración / Dotación:
A contía de cada bolsa será de 1.100 € brutos mensuais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible