Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

11 bolsas para a formación especializada en áreas e materias educativas

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas para a formación especializada en áreas e materias educativas no ámbito da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial para o curso 2026-2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 09/04/2026

ás 15:00 horas.

Duración:

12 meses.

Requisitos:

  • Ser maior de idade e posuír a nacionalidade española, dalgún outro Estado Membro da Unión Europea ou dos signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e ter residencia legal en España no momento da súa incorporación ao goce da bolsa. De non posuírse a nacionalidade española, deberase acreditar un nivel C2 de español segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas.
  • PERFIL 1: Actividades relacionadas coas avaliacións internacionais do sistema educativo:
    • Grao en Tradución e Interpretación (primeiro idioma inglés), Grao en Estudos Ingleses ou titulacións equivalentes.
    • Titulación de grao en calquera especialidade con, polo menos, nivel C1 en inglés acreditado.
  • PERFIL 2: Actividades relacionadas coas avaliacións nacionais do sistema educativo:
    • Grao universitario ou equivalente e ademais estar a cursar ou estar en posesiónde un título de Máster universitario oficial relacionado coa Educación nas etapas de Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.
  • PERFIL 3: Actividades relacionadas coa avaliación e a análise de datos:
    • Grao en Matemáticas, Estatística, Sociología, Psicoloxía, Psicopedagoxía ou Educación, ou graos equivalentes aos anteriores.
  • PERFIL 4: Maquetación e redes sociais:
    • 1.ª prioridade: Título de Técnico Superior da rama de Artes Gráficas, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gráfica Impresa ou Título Superior de Deseño, especialidade Deseño Gráfico ou equivalente.
    • 2.ª prioridade: Título de Técnico en Preimpresión Dixital
  • PERFIL 5: Actividades relacionadas con Eurydice-REDIE.
    • Grao universitario ou equivalente e ademais estar a cursar ou estar en posesión dun título de Máster universitario oficial relacionado coa Educación nas etapas de Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.
    • Competencia lingüística en inglés equivalente a un B2 do MCER (acreditado).
  • Obter a titulación requirida para cada perfil con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021.

Remuneración / Dotación:

1.234,00 euros por cada mes.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 17. 28014 Madrid

Teléfono 910 837 937

Publicación: BOE 17/03/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 892778

A formación levará a cabo nas dependencias do Instituto Nacional de Avaliación Educativa da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial.

Modalidades:

  1. Actividades relacionadas coas avaliacións internacionais do sistema educativo
  2. Actividades relacionadas coas avaliacións nacionais do sistema educativo
  3. Actividades relacionadas coa avaliación e a análise de datos.
  4. Maquetación e redes sociais
  5. Actividades relacionadas con Eurydice-REDIE

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión