Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

12 axudas para estudos de máster nos Estados Unidos de América

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Comisión Fulbright convocan axudas para a realización de estudos de máster en Universidades e Institucións de Educación Superior dos Estados Unidos de América para o curso 2026-2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 27/01/2026 ata o 16/02/2026

ás 14:00 horas.

Duración:

24 meses, como máximo.

Requisitos:

  • Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñería ou equivalente.
  • Concluír os estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Os estudantes que estean a finalizar os estudos no curso 2025-2026 non poderán participar na convocatoria. No caso de que o solicitante posúa ou estea en condicións de obter máis dunha titulación, a efectos do cumprimento deste requisito, só se terá en conta a titulación máis antiga.
  • Acreditar cursar un mínimo de 240 créditos e o expediente académico debe ter unha nota media, na escala 0-10, igual ou superior a 7 puntos.
  • Ter nacionalidade española. As persoas que teñan a dobre nacionalidade, sendo a estadounidense una delas, non poden optar a estas axudas.

Remuneración / Custo:

  • Dotación mensual de 2.670,00 euros.
  • Dotación de 20.000,00 euros en concepto de matrícula ou taxas académicas.
  • Axuda de 1.500,00 € para os gastos de viaxe de ida e volta.
  • Plan de cobertura de accidentes corporais e de asistencia sanitaria.

Páxina web:

www.ciencia.gob.es

Contacto:

Comisión Fulbright

Rúa Xeral Oráa, 55. 28006 Madrid

Tel: 91 702 7000

Correo electrónico informacion@fulbright.es

Publicación: BOE 13/01/2026

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 863361

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión