Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

2 bolsas para prácticas en asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas

A Fundación Galicia Europa convoca dúas bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito para facilitar a especialización en políticas e dereito da Unión Europea, mediante a realización de prácticas en asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsas Galicia Europa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 03/07/2026

Duración:

O programa formativo da bolsa terá unha duración de 11 meses.

Requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  • Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento.
  • Estar en posesión dun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito, finalizado no ano 2021 ou posterior. 
  • Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

Remuneración / Dotación:

  • Importe bruto da bolsa: 16.500 € de retribución a cada persoa bolseira. 
  • Axuda de desprazamento para gastos de viaxe: pagamento persoal de 500 € a cada persoa bolseira.
  • Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica.

Páxina web:

https://fundaciongaliciaeuropa.eu/

Contacto:

Fundación Pública Galicia Europa

En Santiago de Compostela: Rúa do Hórreo, 61.

Enderezo electrónico: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Teléfono: 981 54 10 12

En Bruxelas: rue de la Loi/Wetstraat 38, 2°, bte. 2 6.

Enderezo electrónico: bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

Teléfono: +32 (0) 27 35 54 40 5

Dificultades técnicas ou de carácter xeral: teléfono de información da Xunta de Galicia 012 ou correo electrónico 012@xunta.es

Publicación: 

DOG 03/06/2026 (convocatoria)

DOG 22/05/2026 (bases reguladoras)

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR770Q

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión