Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

28 bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña convoca 28 bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos presenciais ou semipresenciais fóra de Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 16/03/2026 ata o 16/04/2026

ás 14:00 horas.

Duración:

Os estudos deberán desenvolverse no curso académico 2026-2027, cunha duración mínima de tres meses.

Requisitos:

  • Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
  • No caso de que se solicite a bolsa para estudos universitarios, non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo ou superior nivel á dos estudos para os que se solicita a bolsa.
  • Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado ou volante de empadroamento cunha antigüidade ininterrompida mínima dun ano.
  • Acreditar formación previa na área de estudos para a que se solicita a bolsa.
  • As persoas solicitantes que xa fosen titulares de bolsa en tres convocatorias anteriores estarán excluídas de participar nesta.
  • As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de xeito telemático no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL. Non se admitirá máis dunha solicitude por persoa.

Remuneración / Custo:

10.000 euros cada bolsa.

Páxina web:

www.dacoruna.gal

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña

Tel. 981 415 319

Publicación: BOP 19/12/2025 (bases)

Áreas:

  • Área de audiovisual: 3 bolsas
  • Área de danza e artes do movemento: 3 bolsas
  • Área de ilustración, artes plásticas e visuais: 4 bolsas
  • Área de música: 15 bolsas
  • Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión