Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

29 bolsas para participar no programa Idiomas do Mundo 2026

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, convoca o programa educativo A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2026; axudas para realizar unha estadía en Irlanda co fin de mellorar as competencias lingüísticas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 13/02/2026

Duración:

4 semanas nos meses de xullo e/ou agosto de 2026.

Requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido.
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2025-2026.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
  • Solicitudes:
    • 1º. A persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa "A CORUÑA NO MUNDO: IDIOMAS DO MUNDO 2026" na páxina web municipal. Logo de completar a dita ficha específica, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante ten un número de asignación (ID), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.
    • 2º. A solicitude de participación no programa, xunto coa documentación complementaria do expediente, deberá presentarse nun rexistro municipal (presencial ou electrónico) ou en calquera dos lugares establecidos na normativa. A inscrición en liña da ficha específica non terá en ningún caso valor de solicitude da bolsa se non se presenta nun rexistro. 

Remuneración / Custo:

A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan.

Dous tipos de bolsas:

  • Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
  • Bolsa parcial. As familias do alumnado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tfno.: 981 184 200 - ext 10911

educacion@coruna.gal

Teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.

Publicación: BOP 30/01/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 883578

O programa inclúe:

  • Estadía na República de Irlanda durante o período correspondente a catro semanas.
  • Curso preparatorio on-line, previo á estadía, de 10 horas de duración durante unha semana.
  • Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.
  • Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa en familias de acollida en destino ou en residencia de estudantes.
  • Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais.
  • Desenvolvemento dun programa lectivo extraescolar e de ocio.
  • Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.
  • Seguimento e control por parte de persoal especializado.
  • Seguro de accidentes de responsabilidade civil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión