Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

3 prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en Universidades estranxeiras

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos de Bangor University, Université de la Sorbonne Nouvelle e Uniwersytet Warszawski.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 29/06/2026

Duración:

máximo 3 anos.

Requisitos:

  • Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
  • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Licenciatura en Filoloxía Galega, Licenciatura en Filoloxía Románica,  Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en Estudos de Galego e Español, Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española ou Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
  • Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de Humanidades ou da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que posúa o Celga 5 ou 18 créditos de lingua galega e mais o Celga
  • Acreditar 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
  • Ademais da titulación académica exixida, para poder solicitar a praza da Universidade de Varsovia (Polonia), deberá de estar en posesión de estudos de posgrao (máster) en áreas afíns ás mencionadas, sempre que teña unha especialización en galego. 

Remuneración / Dotación:

Retribucións íntegras anuais: 

  • Universidade de Bangor: 29.000,00 €
  • Université de la Sorbonne Nouvelle: 37.000,00 €
  • Universidade de Varsovia: 15.600,00 €

Páxina web:

www.lingua.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Secretaría Xeral da Lingua

Rúa San Roque, 2. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 881 996 307

Email: sxpl.formacion@xunta.gal

Publicación: DOG 29/05/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento PL500F

Pazas convocadas: 

  • Universidade de Bangor, Reino Unido: 1 praza. Data prevista de incorporación: 1 de outubro de 2026. Data de remate: 30 de setembro de 2029.
  • Université de la Sorbonne Nouvelle, París III, Francia: 1 praza. Data prevista de incorporación: 1 de setembro de 2026. Data de remate: 31 de agosto de 2029.
  • Universidade de Varsovia, Polonia: 1 praza. Data prevista de incorporación: 1 de outubro de 2026. Data de remate: 30 de setembro de 2029. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión