Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
3 prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en Universidades estranxeiras
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos de Bangor University, Université de la Sorbonne Nouvelle e Uniwersytet Warszawski.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/06/2026
Duración:
máximo 3 anos.
Requisitos:
Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Licenciatura en Filoloxía Galega, Licenciatura en Filoloxía Románica, Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en Estudos de Galego e Español, Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española ou Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de Humanidades ou da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que posúa o Celga 5 ou 18 créditos de lingua galega e mais o Celga
Acreditar 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
Ademais da titulación académica exixida, para poder solicitar a praza da Universidade de Varsovia (Polonia), deberá de estar en posesión de estudos de posgrao (máster) en áreas afíns ás mencionadas, sempre que teña unha especialización en galego.
Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento PL500F
Pazas convocadas:
Universidade de Bangor, Reino Unido: 1 praza. Data prevista de incorporación: 1 de outubro de 2026. Data de remate: 30 de setembro de 2029.
Université de la Sorbonne Nouvelle, París III, Francia: 1 praza. Data prevista de incorporación: 1 de setembro de 2026. Data de remate: 31 de agosto de 2029.
Universidade de Varsovia, Polonia: 1 praza. Data prevista de incorporación: 1 de outubro de 2026. Data de remate: 30 de setembro de 2029.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible