Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

4 bolsas de formación en cambio climático

A Fundación Biodiversidade, F.S.P., convoca bolsas para contribuír á formación de persoas novas, facilitar a súa inserción no mercado laboral e fomentar a participación da mocidade nos espazos de negociación e decisión relacionados co reto do cambio climático. Para iso, as persoas beneficiarias participarán en eventos internacionais como a Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2026 e outras xornadas preparatoriasrelacionadas coa mesma.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/06/2026

Duración:

Máximo de catro meses, de setembro a decembro de 2026.

Requisitos:

  • Ter cumpridos 18 anos e menos de 30.
  • Ter nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da Unión Europea ou persoa estranxeira residente en España.
  • Título de ciclo de grao medio ou superior de formación profesional, ou ben título de grao universitario, nas materias e especialidades requiridas.
  • Finalizar os estudos nos tres últimos anos (desde o ano 2023 en diante).

Remuneración / Dotación:

A persoa beneficiaria dedicará 10 horas semanais e recibirá 240,00 € ao mes. Para participar na Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2026, como parte da delegación española, e xornadas ou eventos preparativos da mesma, as persoas bolseiras recibirán bolsas de viaxe en compensación polos gastos de desprazamentos, estancias e manutención.

Páxina web:

https://fundacion-biodiversidade.es/

Contacto:

Fundación Biodiversidade

Rúa das Peñuelas, 10. 28005 Madrid

Telf. 91 121 09 20

Publicación: BOE 07/05/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 903610

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión