Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería do Mar convoca bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para persoas tituladas en ciclos formativos de acuicultura para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa (Igafa).
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 03/07/2026
Duración:
As bolsas terán unha duración de 2 anos.
Requisitos:
Estar en posesión dun ciclo formativo de acuicultura: técnicos/as en Cultivos Acuícolas (FP-ciclo medio) ou técnicos/as en Acuicultura (FP-ciclo superior).
Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro/a con permiso de residencia en España.
Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, excepto que no conxunto das convocatorias anteriores gozasen da bolsa por un período de tempo non superior a 5 meses.
Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.
Acreditar o coñecemento da lingua galega, Celga 3.
Remuneración / Custo:
O importe bruto mensual de cada bolsa será de 1.000,00 €.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible