Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

6 bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento con destino en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou nas oficinas da cooperación española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 04/05/2026

Duración:

máximo 12 meses.

Requisitos:

  • Ter veciñanza administrativa en Galicia.
  • Estar en posesión dun título universitario oficial de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente.
  • Ter rematado os estudos no ano 2017 ou posterior.
  • Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa de formación no eido da cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia, excepto que nalgunha convocatoria anterior fose chamado da listaxe de reserva e desfrutase da bolsa por un período de tempo non superior a tres meses.
  • Non ter emprego remunerado nin estar a percibir prestación por desemprego nin desfrutar doutra bolsa, calquera que sexa esta ou, no caso de encontrarse nalgunha destas situacións, presentar un compromiso expreso de renunciar a elas con anterioridade á incorporación á bolsa.

Remuneración / Dotación:

  • 1.100 € brutos mensuais, no caso de que o destino sexa na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
  • 1.350 € brutos mensuais, para o resto dos destinos. As persoas destinadas fóra da sede da Dirección Xeral recibirán, en concepto de aboamento dos gastos de viaxe e primeiro establecemento necesarios no desenvolvemento da bolsa, unha contía máxima de 2.200 €.

Páxina web:

https://cooperacion.xunta.gal/

Contacto:

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Rúa do Horreo, 62. 15701 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 541 021

Email: cooperacion.exterior@xunta.gal

Publicación: DOG 01/04/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR809A

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión