Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
6 bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, convoca bolsas destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD para completar a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas
saídas profesionais dos estudos que están a cursar.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/07/2026
Duración:
como mínimo, unha duración dun curso escolar (de setembro a xuño).
Requisitos:
Ter entre 18 e 30 anos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Estar empadroadas en Galicia no momento de presentar a solicitude.
Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou nun ciclo formativo de grao superior.
Non ser persoas beneficiarias dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.
Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
No caso de estudantes que tivesen bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.
Supletoriamente, no caso de non se cubriren as prazas cos requisitos anteriores, poderanse ter en conta solicitudes de persoas que fosen bolseiras no CGTD con anterioridade e que estean cursando estudos non oficiais.
Remuneración / Custo:
As persoas beneficiarias destas bolsas disporán do aloxamento de domingo a venres, manutención completa de luns a venres, servizo de lavandaría, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia durante o curso escolar 2026/27 no CGTD.
Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento DE400A
As persoas beneficiarias das bolsas realizarán o seu labor na instalación do CGTD en Pontevedra, durante o curso escolar 2026/27.
Obrigas das persoas bolseiras:
Incorporarse á residencia o mesmo día que as persoas deportistas.
Permanecer na residencia nos horarios establecidos pola dirección do centro.
Colaborar en facilitar a convivencia e cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno do centro informando en todo momento a Dirección do CGTD de calquera infracción que se cometa.
Realización de actividades de apoio á Dirección do CGTD, aos técnicos responsables dos grupos de deportistas existentes implicados no programa de formación e na organización e promoción de actividades deportivas, recreativas e académicas.
Colaborar coas preceptoras/es na organización e promoción de actividades recreativas e formativas.
Axudar nas tarefas de control e seguimento dos estudos dos residentes, así como a colaboración con eles no aproveitamento do seu tempo de estudo.
Notificar ás preceptoras todas as incidencias que se produzan en relación coas persoas deportistas.
Funcións rotatorias diarias: Almorzo, comida e cea: control da lista de persoas que fan uso do servizo de comedor e recordar as normas aos usuarios do comedor. Hora de estudo: supervisión do uso correcto do espazo, control das normas de uso dos estudos, colaborar na organización de tarefas ás persoas bolseiras e distribución do tempo de traballo. Control de plantas e do cumprimento das normas da residencia. Actividades no salón de actos /sala de xogos: control e supervisión.
Calquera outra actividade que se determine para a correcta convivencia das persoas deportistas no centro e para o desenvolvemento das súas actividades dentro do CGTD.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible