Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

60 bolsas para estudar inglés en Irlanda

A Deputación da Coruña convoca 60 bolsas en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar o gasto derivado da realización dunha estadía de catro semanas na República de Irlanda para mellorar as competencias lingüísticas daquel alumnado de 1º de bacharelato escolarizado nun centro educativo sostido con fondos públicos (público ou concertado) e que resida nalgún concello da provincia da Coruña, agás os dos termos municipais da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

A estadía na República de Irlanda desenvolverase en xullo ou agosto de 2026.

Inscricións:

Ata o 23/04/2026

Requisitos:

Poderá solicitar a participación neste programa e ser beneficiario/a destas axudas o alumnado de 1º de bacharelato escolarizado nun centro educativo sostido con fondos públicos (público ou concertado) e que resida nalgún concello da provincia da Coruña, agás os dos termos municipais da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, sempre que cumpra cos seguintes requisitos:

  • Residir e estar empadroado/a co seu pai, nai ou titor/a legal, de ser o caso, nalgún concello da provincia da Coruña (excepto A Coruña, Santiago de Compostela ou Ferrol), cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido inmediatamente anterior á publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
  • Estar matriculado/a e cursando 1º de Bacharelato, nun centro educativo sostido con fondos públicos (público ou concertado) situado no termo da provincia da Coruña (excepto A Coruña, Santiago de Compostela ou Ferrol), no curso 2025-2026.
  • Non ter ningunha materia suspensa no curso de 4º da ESO.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación de 6 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira: idioma inglés.

Cada persoa interesada poderá presentar unha única solicitude.

Remuneración / Custo:

A súa dotación consiste na cobertura do 100 % dos custos derivados da participación no programa de estudos de inglés en Irlanda, sen que as familias teñan que asumir ningún tipo de copagamento.

O importe de cada bolsa ascende ao valor económico da praza correspondente no contrato de xestión, cun prezo máximo de 6.450,84 € por persoa, que se axustará ao importe finalmente adxudicado no procedemento de contratación.

Páxina web:

https://www.dacoruna.gal

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Sección de Educación e Cultura

Tel.: 981 415 319

Correo electrónico: deputacion@dacoruna.gal

Publicación: BOP 07/04/2026

Base de Datos Nacional de Subvenciones BDNS(Identif.): 896320

O programa inclúe:

a) Estadía na República de Irlanda durante o período correspondente a catro semanas, vivindo nunha residencia de estudantes.

b) Curso preparatorio on-line, previo á estadía, de 10 horas de duración durante unha semana, no que se impartirán conceptos básicos para manexarse no día a día no país de destino.

c) Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.

d) Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.

e) Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa en residencia de estudantes.

f) Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais. As clases serán impartidas por nativos ou persoal acreditado co C2 (MCERL).

g) Desenvolvemento dun programa lectivo extraescolar e de ocio que incluirá actividades deportivas e culturais, así como unha visita semanal a un centro de interese histórico-cultural.

h) Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.

i) Seguimento e control por parte de persoal especializado (coordinador territorial) da vida do alumnado na residencia de estudantes, do seu comportamento e rendemento académico, así como da súa vida social.

j) Seguro de accidentes de responsabilidade civil cun importe mínimo de 150.000 € por participante.

SOLICITUDE:

As persoas interesadas en participar en cada convocatoria deberán presentar unha solicitude de xeito telemático no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL.

Non se admitirá máis dunha solicitude por persoa.

Dado que a tramitación será telemática:

  • A persoa que presenta a solicitude deberá dispoñer dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo. Excepcionalmente poderase, de forma xustificada, modificarse o enderezo inicial coa obriga de notificar a dita circunstancia á Deputación.
  • A persoa que presenta a solicitude deberá dispoñer de certificado dixital.
  • A solicitude e toda a documentación estará asinada pola persoa que presenta a solicitude.(no caso de nomeamento de persoa representante, este deberá vir asinado a maiores polo/a solicitante da bolsa)

Para o caso dos/as menores de idade a persoa solicitante será sempre o/a menor e a persoa representante será o pai, nai ou titor legal do menor, que se responsabilizará de todas as obrigas derivadas de que o seu fillo/a sexa titular/beneficiaria da bolsa.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión