Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

9.108 Bolsas Santander | Axuda Económica 2026

En virtude do Programa “Bolsa Santander | Axuda Económica” facilitarase e promoverá que ata un máximo de 9.108 estudantes matriculadas/os nalgunha das universidades participantes, ou estudantes de FP Superior matriculados/as nun centro de formación profesional pertencente a algunha das universidades participantes, reciban unha axuda económica para sufragar os gastos derivados dos seus estudos para o curso académico 2026/2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 07/10/2026

Requisitos:

  • Ser estudantes dun Grao, Máster ou Posgrao matriculados nalgunha das universidades participantes, ou estudantes de FP Superior matriculados nun centro de formación profesional pertencente a algunha das universidades participantes, para o próximo curso académico 2026/2027 (incluídos alumnos/as de novo ingreso).
  • Esta bolsa está dispoñible para un número concreto de universidades/institucións. Cada universidade/institución pode ter información e requisitos específicos. Selecciona a túa para revisar toda a información.
  • Non é necesario ter unha nota mínima, pero cada universidade terá en conta o expediente académico dos alumnos á hora de adxudicar a bolsa.

Remuneración / Dotación:

1.000 €

Páxina web:

https://app.santanderopenacademy.com

Contacto:

Bolsas Santander

Cidade Grupo Santander. Avda de Cantabria, s/n. 28660- Boadilla del Monte (Madrid)

becassantander@gruposantander.es

Consulta os requisitos específicos das tres universidades de Galicia:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión