Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
9 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nas universidades do Algarve, Autònoma de Barcelona, Universitat de Barcelona, Universidad de Extremadura, Universidade Nova de Lisboa, Università degli Studi di Padova, Universidade do Estado do Río de Janeiro, Universidade de Sâo Paulo e Sveučilište u Zadru.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/06/2026
Requisitos:
Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
Licenciatura en Filoloxía Galega.
Licenciatura en Filoloxía Románica.
Grao en Lingua e Literatura Galegas.
Grao en Estudos de Galego e Español.
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de Humanidades ou da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que posúa o Celga 5 ou 18 créditos de lingua galega e mais o Celga 4. Para as universidades de fóra de España, deberá acreditar 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
Remuneración / Dotación:
1.225,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PL500E
Destinos e datas de inicio e fin. Bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:
Universidade do Algarve (Faro): 1.10.2026 - 30.9.2029
Universitat Autònoma de Barcelona: 1.10.2026 - 30.9.2029
Universitat de Barcelona: 1.10.2026 - 30.9.2029
Universidad de Extremadura: 1.10.2026 - 30.9.2029
Universidade Nova de Lisboa: 1.10.2026 - 30.9.2029
Università degli Studi di Padova: 1.10.2026 - 30.9.2029
Universidade do Estado do Río de Janeiro: 1.1.2027 - 31.12.2029
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible