Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axuda económica a través da Tarxeta Benvida

A Consellería de Política Social e Igualdade convoca as axudas económicas, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

diferente prazo según suposto.  

Requisitos:

  • Persoas residentes en Galicia que dispoñan de DNI ou NIE e que se atopen nun dos seguintes supostos:
    • Atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
    • Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
    • Ter constituída a adopción, acollemento familiar permanente ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun o máis menores de ata tres anos de idade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
  • Poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2026.
  • Non poderán ser beneficiarias as persoas privadas ou suspendidas total ou parcialmente da patria potestade dos/das seus/súas fillos/as, mediante resolución xudicial firme, ou cuxa tutela ou garda fose asumida polos órganos competentes en materia de protección de menores.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000,00 €. Non obstante, no suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500,00 €.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000,00 € para ter dereito á contía da axuda complementaria.
  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes para ter dereito ao incremento da axuda do 25%. 
  • Para ter dereito á axuda excepcional, a unidade familiar debe estar en situación de especial vulnerabilidade declarada polo órgano dos servizos sociais comunitarios básicos e non percibir unha prestación de apoio á renda. 

Remuneración / Dotación:

  • Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200,00 € por cada fillo ou filla durante un ano (100,00 €/mes).
  • No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400,00 € (200,00 €/mes)

Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000,00 € terán dereito a unha axuda complementaria no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción, garda con fins adoptivos ou de acollemento familiar permanente dun o máis menores de ata tres anos de idade nas seguintes contías:

  • 600,00 €/ano, se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
  • 1.200,00 €/ano, se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.
  • 2.400,00 €/ano, se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos

 As contías previstas anteriormente incrementaranse un 25 % no suposto de residencia en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes.

Páxina web:

www.pan.gal

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade. Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Complexo Administrativo San Caetano, Edif. 8B. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 900 643 / 012

Enderezo electrónico tarxetabenvida.familia@xunta.gal

Publicación: DOG 05/02/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento BS403B

Prazos de solicitude:

  • Dous meses contados desde o día seguinte ao nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente. 
  • No suposto de muller xestante, en calquera momento do ano 2026 sempre que supere as 21 semanas de xestación.
  • No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2026 e sempre que o fillo ou filla nacese no dito ano 2026, o prazo será de tres meses que se contará a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España.

A axuda farase efectiva a través da Tarxeta Benvida, unha tarxeta moedeiro que poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, librarías, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia que teñan establecemento aberto en Galicia. A tarxeta non poderá ser utilizada en compras a distancia.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión