Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas a persoas desempregadas para a matrícula nun máster universitario oficial
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Secretaría Xeral de Universidades, convoca axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2026/27.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 06/10/2026
Requisitos:
Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2025.
Estar matriculadas, no curso académico 2026/27, nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
Non estar incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula que se prevexan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2026/27 (DOG 09/07/2026).
Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores, salvo no caso dun máster de 120 créditos, no que se pode solicitar para a primeira matrícula dos 60 créditos que restan para rematar o máster.
Remuneración / Custo:
A contía da axuda cubrirá o importe das materias en que se matricule por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial. A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible