Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas a persoas desempregadas para a matrícula nun máster universitario oficial

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Secretaría Xeral de Universidades, convoca axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2026/27.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 06/10/2026

Requisitos:

  • Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
  • Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2025.
  • Estar matriculadas, no curso académico 2026/27, nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  • Non estar incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula que se prevexan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2026/27 (DOG 09/07/2026).
  • Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores, salvo no caso dun máster de 120 créditos, no que se pode solicitar para a primeira matrícula dos 60 créditos que restan para rematar o máster.

Remuneración / Dotación:

A contía da axuda cubrirá o importe das materias en que se matricule por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial. A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano, s/n. 15781- Santiago de Compostela (A Coruña)

tel:  981 544 430

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: e-correo orientacion.sug@edu.xunta.gal

Dúbidas ou dificultades técnicas na obtención dos formularios: teléfono de información 012 ou e-correo 012@xunta.gal

Publicación: DOG 05/08/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED421A

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión