Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas Arquia Social a estudantes de arquitectura 2026

A Fundación Arquia, a través da súa liña de acción Arquia Social, lanza a X Convocatoria de Axudas a Estudantes e convoca un total de 50 axudas destinadas a estudantes dos estudos universitarios conducentes á obtención do título oficial de arquitecto/a en universidades españolas, coa finalidade de apoiar a súa formación académica e favorecer a igualdade de oportunidades no acceso e continuidade dos estudos de Arquitectura.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 12/03/2026

ata as 14.00 h.

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou dispoñer de permiso de residencia en España en vigor.
  • Estar matriculado nos estudos universitarios conducentes á obtención do título oficial de Arquitecto/a en unha universidade do territorio español, incluíndo o Grao en Arquitectura ou Grao en Fundamentos da Arquitectura e o Máster Habilitante en Arquitectura.
  • Por categoría de axudas:
    • - Axudas Arquia de inicio de estudos: estudantes menores de 25 anos matriculados por primeira vez no primeiro curso do Grao en Arquitectura ou o Grao en Fundamentos da Arquitectura durante o curso académico 2025-2026 que, ademais, cumpran os requisitos económicos establecidos nas bases
    • - Axudas Arquia de apoio á matrícula: estudantes menores de 35 anos matriculados nos estudos universitarios conducentes ao título oficial de Arquitecto/a (Grao ou Máster Habilitante) durante o curso académico 2025-2026, que superasen polo menos o 65% dos créditos matriculados no curso académico anterior e que ademais cumpran os requisitos económicos establecidos nas bases.
    • - Axuda Arquia a estudantes con discapacidade: estudantes menores de 35 anos matriculados nos estudos universitarios conducentes ao título oficial de Arquitecto/a (Grao ou Máster Habilitante) durante o curso académico 2025-2026 que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, polo menos co 65% de créditos superados no curso académico anterior, que ademais cumpran os requisitos económicos establecidos nas bases.

Remuneración / Custo:

50 axudas dun máximo de 500 € cada unha.

Páxina web:

https://social.arquia.com

Contacto:

Fundación Arquia. Arquia Social

Tel.: 917 561 050

correo-e: social@arquia.es

50 axudas distribuídas nas seguintes categorías:

  • Axudas Arquia de inicio de estudos: 5 axudas destinadas a cubrir total ou parcialmente os gastos de matrícula correspondentes ao curso académico 2025-2026
  • Axudas Arquia de apoio á matrícula: 40 axudas destinadas a cubrir total ou parcialmente os gastos de matrícula correspondentes ao curso académico 2025-2026.
  • Axudas Arquia para estudantes con discapacidade: 5 axudas destinadas a cubrir parcialmente custos de matrícula ou outros gastos derivados da actividade académica correspondente ao curso académico 2025-2026.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión