Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas Arquia Social a estudantes de arquitectura 2026
A Fundación Arquia, a través da súa liña de acción Arquia Social, lanza a X Convocatoria de Axudas a Estudantes e convoca un total de 50 axudas destinadas a estudantes dos estudos universitarios conducentes á obtención do título oficial de arquitecto/a en universidades españolas, coa finalidade de apoiar a súa formación académica e favorecer a igualdade de oportunidades no acceso e continuidade dos estudos de Arquitectura.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 12/03/2026
ata as 14.00 h.
Requisitos:
Ter nacionalidade española ou dispoñer de permiso de residencia en España en vigor.
Estar matriculado nos estudos universitarios conducentes á obtención do título oficial de Arquitecto/a en unha universidade do territorio español, incluíndo o Grao en Arquitectura ou Grao en Fundamentos da Arquitectura e o Máster Habilitante en Arquitectura.
Por categoría de axudas:
- Axudas Arquia de inicio de estudos: estudantes menores de 25 anos matriculados por primeira vez no primeiro curso do Grao en Arquitectura ou o Grao en Fundamentos da Arquitectura durante o curso académico 2025-2026 que, ademais, cumpran os requisitos económicos establecidos nas bases
- Axudas Arquia de apoio á matrícula: estudantes menores de 35 anos matriculados nos estudos universitarios conducentes ao título oficial de Arquitecto/a (Grao ou Máster Habilitante) durante o curso académico 2025-2026, que superasen polo menos o 65% dos créditos matriculados no curso académico anterior e que ademais cumpran os requisitos económicos establecidos nas bases.
- Axuda Arquia a estudantes con discapacidade: estudantes menores de 35 anos matriculados nos estudos universitarios conducentes ao título oficial de Arquitecto/a (Grao ou Máster Habilitante) durante o curso académico 2025-2026 que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, polo menos co 65% de créditos superados no curso académico anterior, que ademais cumpran os requisitos económicos establecidos nas bases.
Axudas Arquia de inicio de estudos: 5 axudas destinadas a cubrir total ou parcialmente os gastos de matrícula correspondentes ao curso académico 2025-2026
Axudas Arquia de apoio á matrícula: 40 axudas destinadas a cubrir total ou parcialmente os gastos de matrícula correspondentes ao curso académico 2025-2026.
Axudas Arquia para estudantes con discapacidade: 5 axudas destinadas a cubrir parcialmente custos de matrícula ou outros gastos derivados da actividade académica correspondente ao curso académico 2025-2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible