Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas da UDC para estudantado afectado por causas sobrevidas no curso 2025/2026
A Universidade da Coruña convoca axudas económicas destinadas a estudantado da UDC que, por circunstancias persoais, familiares
ou económicas sobrevidas durante o período do 1 de setembro de 2025 ata o 31 de maio de 2026, se atopen nunha situación precaria que poida afectar á continuidade dos seus estudos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 31/05/2026
Requisitos:
Estudantado matriculado en estudos oficiais de grao ou máster da UDC, que manteña a súa matrícula durante todo o curso académico 2025/26.
Cumprir co requisito socioeconómico principal: as solicitantes deberán acreditar que a súa unidade familiar sufriu unha diminución drástica de ingresos como consecuencia directa dunha situación sobrevida ocorrida desde o 1 de setembro de 2025 ata o 31 de maio de 2026. Entenderase como causa sobrevida:
- o falecemento dalgunha das persoas proxenitoras ou sustentadoras principais da unidade familiar
- o desemprego dalgunha das persoas proxenitoras ou sustentadoras principais da unidade familiar
- a separación/divorcio das persoas proxenitoras do/a estudante, ou do propio estudante se tivese cónxuxe
- o recoñecemento dunha discapacidade acreditada superior ao 33 % emitida entre o 01/09/2025 e o 31/05/2026
- o accidente ou enfermidade grave da persoa solicitante ou doutro membro da unidade familiar (1.º ou 2.º grao) que comporte importantes gastos médicos ou de coidados, ou que impida traballar a quen achegaba ingresos
- a acollida, desamparo ou abandono familiar da persoa solicitante
- outras circunstancias, sociais ou excepcionais, que teñan un impacto económico negativo.
Non dispor dunha titulación de igual ou superior nivel á que está cursando e para a que solicita a axuda.
Non superar os limiares de renda familiar establecidos no Real decreto 163/2025, do 4 de marzo de 2025, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías e axudas ao estudo para o curso 2025/26
Estar matriculada nun mínimo de 30 créditos, agás nos casos de finalización de estudos
Remuneración / Custo:
A contía de cada axuda terá un importe máximo de 1.000 €
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible