Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas da USC para o estudantado gañador das Olimpíadas Científicas

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa finalidade de valorar e apoiar o traballo realizado do estudantado que se incorpora a esta institución dende os estudos de ensino secundario, estableceu estas axudas para as persoas matriculadas clasificadas nas Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía, Informática, Xeografía, Estatística e Filosofía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 13/10/2026

Requisitos:

  • Realizar a matrícula por primeira vez no curso académico 2026-2027 en calquera das titulacións oficiaisimpartidas nos centros da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2025-2026.
  • Terse clasificado nun 1º, 2º ou 3º posto en calquera das fases locais ou autonómicas ou, nun 1º a 10º posto nafase nacional, nalgunha das Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía,Informática, Xeografía, Estatística e Filosofía celebradas ao longo do curso 2025-2026.

Remuneración / Dotación:

  • Para clasificadas/os na fase nacional das Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía,Informática, Xeografía, Estatística e Filosofía:
    • - 1º a 3º posto: 600€
    • - 4º a 7º posto: 400€
    • - 8º a 10º posto: 300€
  • Para clasificadas/os na fase local ou autonómica das Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía,Economía, Informática, Xeografía, Estatística e Filosofía: 
    • - 1º a 3º posto: 300€

Páxina web:

www.usc.gal

Contacto:

Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado da USC

Pavillón Estudantil, 1º andar. Campus Vida. 15782-  Santiago de Compostela (A Coruña)

tel:  881 814 580

Documentos:

Bases completas (pdf) (256 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión