Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas de emerxencia social. Ano 2026

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten aberto o prazo para as solicitudes das Axudas de emerxencia social do ano 2026, para as persoas emigrantes de orixe galega residentes en América con escasos recursos, e aos seus descendentes, para atender situacións de imperiosa necesidade derivadas de circunstancias extraordinarias sobrevidas nos últimos 12 meses.

A quen vai dirixido?:

PERSOAS BENEFICIARIAS:

  • As persoas emigrantes nacidas en Galicia e residentes nalgún dos países de América para os cales o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria.
  • Os/as fillos/as daquelas que residan nalgún dos países América arriba indicados sempre que teñan a nacionalidade española e estean vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE) desde, polo menos, 3 meses antes da data de presentación da solicitude.
  • Para o suposto de situacións de emerxencia que incidan nas condicións de saúde, provocando gastos extraordinarios de carácter sanitario ou asistenciais ao solicitante, poderán ser perceptores tamén os descendentes de emigrantes galegos ata o segundo grao por consanguinidade que cumpran as mesmas condicións do número anterior.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 05/10/2026

ás 20:00h.

Requisitos:

  • Carecer de rendas e ingresos suficientes.
  • Carecer de patrimonio inmoble suficiente.
  • Carecer de impedimentos para a percepción desta axuda segundo a lexislación de subvencións aplicable en Galicia.

Remuneración / Custo:

A contía das axudas de emerxencia social por persoa beneficiaria non poderá ser inferior a 500€ nin exceder os 3.000€.

Páxina web:

emigracion.xunta.gal

Contacto:

Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Programas Sociais

 R/ Praza de Mazarelos, 15. 15704- Santiago de Compostela (A Coruña)

tel: 981 545 882

e-correo: emigracion.subvenciones@xunta.gal

PUBLICACIÓN: DOG 09/02/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR935A

OBXECTO:

Outorgar unha prestación económica única a persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega residentes en América con escasos recursos, e aos seus descendentes, para atender situacións de imperiosa necesidade derivadas de circunstancias extraordinarias sobrevidas nos últimos 12 meses. En concreto, a devandita prestación vai dirixida a cubrir gastos específicos para aliviar as carencias que afectan estes tres ámbitos principais:

1. As condicións básicas de subsistencia: alimentación, coidados persoais esenciais, educación...

2. As condicións de vivenda: deterioración grave, falta de equipamento ou dotacións esenciais.

3. As condicións de saúde e benestar social: necesidades perentorias de carácter sanitario ou asistencial.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión