Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas de mobilidade para o alumnado das universidades do SUG que participa en Erasmus Estudos
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2025/26, en países que teñen a condición de países do programa.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 02/02/2026
Duración:
As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses.
Requisitos:
Estar matriculado no curso 2025/26 en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos no curso 2025/26, en países que teñen a condición de países do programa, con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún do cal é nacional. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.
Remuneración / Dotación:
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:
De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia.
De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta, Portugal.
De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3: Bulgaria, Croacia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Macedonia, Turquía.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible