Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas de mobilidade para o alumnado das universidades do SUG que participa en Erasmus Estudos

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2025/26, en países que teñen a condición de países do programa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 02/02/2026

Duración:

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses.

Requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2025/26 en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
  • Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos no curso 2025/26, en países que teñen a condición de países do programa, con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
  • Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
  • Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún do cal é nacional. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.

Remuneración / Custo:

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:

  • De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia.
  • De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta, Portugal.
  • De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3: Bulgaria, Croacia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Macedonia, Turquía.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Secretaría Xeral de Universidades

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 430

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: orientacion.sug@edu.xunta.es

Dúbidas ou dificultades técnicas na obtención dos formularios: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 02/01/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED417A

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión