Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero
A Consellería de Política Social e Igualdade ten convocadas as axudas que teñen como finalidade proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero e indemnizacións para facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 27/11/2026
Requisitos:
Axudas:
a) Ser muller vítima de violencia de xénero.
b) Non convivir co agresor.
c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d) Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do Informe do Servizo Público de Emprego.
e) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
f) Esta axuda poderá percibirse en máis dunha ocasión cando a vítima sufrise violencias diferenciadas acreditadas de forma separada.
Indemnizacións:
a) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia.
b) Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede na Galicia.
c) Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.
d) Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida.
e) Non convivir co agresor.
Remuneración / Custo:
Axudas: será, con carácter xeral, equivalente ao de 6 meses do subsidio por desemprego vixente.
Axudas de indemnización: será a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a esta, excluídos os xuros de mora, até un máximo de 6.000€, excluídos os xuros de mora, por cada persoa beneficiaria.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SI434B
As axudas convocadas fan referencia ás seguintes modalidades:
Axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, comprende as axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
Axuda de indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, comprende as axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible