Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas económicas para mulleres, nenas e nenos vítimas de violencias sexuais

A Consellería de Política Social e Igualdade convoca axudas económicas destinadas a proporcionar apoio ás mulleres vítimas de violencias sexuais, co obxectivo de contribuír á súa autonomía económica e recuperación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/10/2026

Requisitos:

  • Ser vítima de violencia sexual, segundo o establecido na normativa vixente.
  • Estar empadroada/ou e residir efectivamente nalgún concello de Galicia.
  • Cumprir os requisitos económicos establecidos, en función dos ingresos persoais ou, no caso de menores ou persoas dependentes economicamente, dos ingresos da unidade familiar.
  • Acreditar a condición de vítima de violencia sexual mediante a documentación correspondente.

Remuneración / Dotación:

  • 6 meses de subsidio por desemprego, con carácter xeral.
  • 12 meses, se a vítima ten unha persoa a cargo ou unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.
  • 18 meses, en determinados casos con dous ou máis persoas a cargo ou discapacidade.
  • Ata 24 meses, nos casos de maior número de persoas a cargo ou cando concorran determinadas situacións de discapacidade.

*A forma de pago pode ser pago único ou en 6 mensualidades, a elección da vítima.

*A axuda pode prorrogarse unha vez se se manteñen as condicións.

Páxina web:

https://igualdade.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade

Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas

Edificio Administrativo San Lázaro

15770 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Tel.: 981957784

vx.igualdade@xunta.gal

Publicación: DOG 14/08/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SE434C

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión