Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes
Axudas para menores de 36 anos para a adquisición ou autopromoción de vivenda en concellos con poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 27/08/2026 ata o 16/11/2026
ás 14:00 horas, ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Requisitos:
Persoas beneficiarias
Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda. Non obstante, para o suposto de adquisición dunha vivenda, este requisito poderá concorrer no momento da subscrición do contrato privado ou da formalización da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da correspondente convocatoria.
Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 4,5 veces o IPREM. Este límite será de 5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%, e de 5,5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
Requisitos
Que a vivenda adquirida estea localizada nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
Para o suposto de adquisición dunha vivenda
Ter subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2026 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras.
Que xa estea construída no momento da presentación da solicitude.
Que a vivenda sexa adquirida por un máximo de dúas persoas físicas.
Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sexa igual ou inferior a 250.000,00 euros.
A vivenda adquirida deberá constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo mínimo de cinco anos desde a data da súa adquisición.
Para o suposto de autopromoción dunha vivenda
Que a persoa solicitante sexa propietaria ou usufrutuaria da parcela ou soar na que se atope a vivenda construída.
Que a vivenda construída vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia por un prazo mínimo de cinco anos desde a data da finalización da obra, debendo ser ocupada no prazo máximo de tres meses desde a dita data.
Que a vivenda sexa autopromocionada por un máximo de dúas persoas físicas.
Que o custo da autopromoción da vivenda sexa igual ou inferior a 250.000,00 euros.
Que as obras estean iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2026. En todo caso, a construción da vivenda deberá estar finalizada no momento da presentación da solicitude.
Remuneración / Dotación:
A contía máxima da axuda será do 20% do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes, cun máximo de 15.000 euros por vivenda.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible