Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes

Axudas para menores de 36 anos para a adquisición ou autopromoción de vivenda en concellos con poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 27/08/2026 ata o 16/11/2026

ás 14:00 horas, ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Requisitos:

Persoas beneficiarias

  • Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda. Non obstante, para o suposto de adquisición dunha vivenda, este requisito poderá concorrer no momento da subscrición do contrato privado ou da formalización da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da correspondente convocatoria.
  • Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 4,5 veces o IPREM. Este límite será de 5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%, e de 5,5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

Requisitos

  • Que a vivenda adquirida estea localizada nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
  • Para o suposto de adquisición dunha vivenda
    • Ter subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2026 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras.
    • Que xa estea construída no momento da presentación da solicitude.
    • Que a vivenda sexa adquirida por un máximo de dúas persoas físicas.
    • Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sexa igual ou inferior a 250.000,00 euros.
    •  A vivenda adquirida deberá constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo mínimo de cinco anos desde a data da súa adquisición.
  • Para o suposto de autopromoción dunha vivenda
    • Que a persoa solicitante sexa propietaria ou usufrutuaria da parcela ou soar na que se atope a vivenda construída.
    • Que a vivenda construída vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia por un prazo mínimo de cinco anos desde a data da finalización da obra, debendo ser ocupada no prazo máximo de tres meses desde a dita data.
    • Que a vivenda sexa autopromocionada por un máximo de dúas persoas físicas.
    • Que o custo da autopromoción da vivenda sexa igual ou inferior a 250.000,00 euros. 
    • Que as obras estean iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2026. En todo caso, a construción da vivenda deberá estar finalizada no momento da presentación da solicitude.

Remuneración / Custo:

  • A contía máxima da axuda será do 20% do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes, cun máximo de 15.000 euros por vivenda.

Páxina web:

https://igvs.xunta.gal

Contacto:

Instituto Galego da Vivenda e Solo

planificacion.igvs@xunta.gal

Tel.: 981 541 981 / 981 541 982 / 981 957 529 / 981 957 838 / 981 957 887

Publicación: DOG 19/08/2026

Procedemento sede electrónica: VI501B

Documentos:

Cadro resumen (59 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión