Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas para fomentar a adopción de animais domésticos de compañía
Co fin de animar á cidadanía a facerse cargo dun animal abandonado e por terceiro ano consecutivo, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoca unha liña de axudas destinadas a fomentar a adopción de animais domésticos de compañía acollidos nos centros de recollida autorizados.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 11/09/2026
Requisitos:
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas que acrediten a adopción dun animal doméstico de compañía abandonado que proveña dalgún dos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entenderase que un animal foi adoptado por unha persoa cando, rematado o proceso de identificación e inscrición no Regiac, conste como persoa titular do animal no citado rexistro.
As persoas beneficiarias deberán comprometerse a non realizar a transmisión do animal a outra persoa distinta durante toda a vida do animal, agás nos supostos de falecemento da persoa titular do animal adoptado, imposibilidade para continuar coa súa atención e coidado por motivos de enfermidade, incapacidade sobrevida ou de vulnerabilidade económica debidamente xustificados mediante certificado de defunción, informe médico ou dos servizos sociais.
No suposto de que o animal adoptado teña a consideración de animal potencialmente perigoso, a persoa beneficiaria deberá contar coa licenza municipal para a tenza e custodia deste tipo de animais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible