O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para un total de 96 grupos de estudantes de ensinos non universitarios para participar no programa nacional "Rutas científicas, artísticas e literarias" durante o curso 2026-2027, unha iniciativa que ten como obxectivo espertar o interese pola ciencia, a literatura e as artes á vez que se fomenta a convivencia con estudantes doutras Comunidades Autónomas
Para público en xeral
Ata o 24/04/2026
ata as 12:00 h.
As rutas desenvolveranse en 6 quendas semanais (de domingo pola tarde a sábado pola mañá) entre o 18 de outubro e o 7 de novembro de 2026 e entre o 18 de abril e o 8 de maio de 2027
O programa inclúe os custos de desenvolvemento das actividades educativas (materiais, guías, monitores, accesos, etc.), gastos de loxística por transporte, seguros de accidente e responsabilidade civil, aloxamento e manutención. O traslado das persoas participantes desde o lugar de residencia ata o punto de inicio da ruta e viceversa correrá a cargo dos interesados.
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Rúa Os Madrazo, 17 (28014 - Madrid)
Tel.: 910 837 937
correo-e: programas@educacion.gob.es
Publicación: BOE 19/03/2026 (extracto)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif): 893777
As rutas propostas para o desenvolvemento do programa son as seguintes:
*Para o alumnado con necesidades educativas especiais realizaranse as adaptacións oportunas nas diferentes rutas a desenvolver.
Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026
Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026
Dende o 07/04/2026 ata o 18/05/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible