Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas para prácticas académicas extracurriculares nas Cátedras Institucionais da USC 2026

A Universidade de Santiago de Compostela convoca axudas para prácticas académicas extracurriculares ofertadas polas Cátedras Institucionais da USC a desenvolver no segundo semestre do curso 2025/2026 e dirixidas a estudantado de titulacións de Grao e Máster da USC.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 16/03/2026

Requisitos:

  • Estar matriculado/a no curso 2025/2026, na modalidade de matrícula ordinaria, na titulación á que se vincula a realización das prácticas na data de inicio do período lectivo do 2º semestre do curso académico 2025/2026 e durante todo o período de desenvolvemento das prácticas. 
  • Cumprir cos requisitos específicos para as prácticas en cada Cátedra, que se recollen nos anexos das bases da convocatoria.
  • Non ter cuberto o número máximo de créditos de prácticas académicas extra curriculares.
  • Non ter realizado o depósito do título.
  • Non manter ningunha relación contractual coa USC.
  • O estudantado de Cursos Ponte e os/as estudantes alleos de programas de intercambio están excluídos desta convocatoria.

Remuneración / Dotación:

Cátedras Institucionais e dotacións totais: 

  • CARVALHO CALERO: 500€
  • CASTELAO: 1000€
  • IBEROAMERICANA: 500€
  • JOSÉ ÁNGEL VALENTE DE POESÍA E ESTÉTICA: 500€
  • JUANA DE VEGA: 1000€
  • OTERO PEDRAYO: 500€
  • ROSALÍA DE CASTRO: 1000€
  • UNESCO Nº 226 SOBRE MIGRACIÓNS: 300€

Páxina web:

https://sede.usc.es

Contacto:

Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación da USC

Casa da Balconada: Rúa Nova, 6 (15782 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 811 301

correo-e: vr.dixital@usc.gal

SOLICITUDES: para ser admitidos/as será necesario facer as seguintes inscricións nos correspondentes enlaces:

1º.- Presentación da solicitude a través da Sede Electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/practicasAcademicasExtracurricularesCI2026.htm

2º.-  Simultaneamente á presentación da solicitude deberase facer a inscrición para a "Ayuda Económica para Prácticas 2026 I Edición" do Santander Open Academy, a través do enlace: https://app.santanderopenacademy.com/es/program/ayuda-economica-para-practicas-2026-i-edicion

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión