Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsa de colaboración no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes
A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa de colaboración no Departamento Didáctico do Museo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 18/09/2026
Horario:
De martes a venres, en horario de mañá ou tarde.
Duración:
9 meses entre o 1 de outubro de 2026 e o 23 xuño de 2027, cunha dedicación de 20 horas semanais.
Requisitos:
Título de grao en Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Museoloxía ou Humanidades, obtido despois de 2022 (incluído).
Estar a disposición para o desfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.
Valorarase:
Expediente académico.
Cursos de xestión de Patrimonio, Museoloxía e Acción cultural de museos, organizados exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de museos.
Presentación de comunicacións e/ou relatorios en congresos e cursos de Museoloxía.
Publicacións relacionadas con Museoloxía, Patrimonio e Historia da Arte.
Ter desfrutado doutras bolsas ou ter desenvolta algunha actividade no ámbito da educación e a acción cultural en museos.
Capacidade de relación, iniciativa e traballo en equipo.
Remuneración / Custo:
Nove pagos de 700,00 € netos (unha vez descontados os correspondentes impostos e cotizaciós á Seguridade Social, segundo o disposto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condición de inclusión no réxime xeral da Seguridad Social das persoas que participen en programas de formación).
O obxectivo da bolsa é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible