Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsa para a realización de prácticas na oficina da FGE en Bruxelas

A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación, dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 02/11/2026

Duración:

O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.

Requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
  • Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento.
  • Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente. 
  • Ter rematado os estudos nos últimos 6 anos.
  • Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.

Remuneración / Dotación:

  • Importe bruto da bolsa: 18.000 €.
  • Axuda de desprazamento para gastos de viaxe: 1.100 euros.
  • Seguridade social: 788,04 euros.
  • Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 99,20 euros.

Páxina web:

www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Contacto:

Fundación Galicia Europa

Rúa Hórreo, nº 61. 15701 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 541 012 

Email: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu 

Publicación: DOG 01/10/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento PR770M

O lugar de desenvolvemento da bolsa será a oficina da FGE en Bruxelas, podendo realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias de Gain en Santiago de Compostela ou onde se indique.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión