Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A fundación Adecco convoca estas bolsas co propósito de lograr a inclusión laboral das persoas con discapacidade, fomentando a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/09/2026
Requisitos:
Persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%*.
Estar matriculada nunha universidade pública ou privada en estudos de Grao ou Mestrado, ou nun centro de FP en estudos de Grao Medio ou Grao Superior.
Co obxectivo de fomentar a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial, as titulacións que terán preferencia para aplicar a estas bolsas son:
Grao/Mestrado: PRL, Traballo Social, Psicoloxía, Comunicación.
FP: Integración, Orientación.
Nacer en 1996 ou con posterioridade.
Ter residencia legal en España e, cando resulte esixible, autorización administrativa para traballar.
Remuneración / Custo:
UNIDOS 360º Programa de Impulso Académico e Profesional para Talento con Discapacidade: estudantes de mestrado, de grao (+50 créditos superados) Fp 2º curso.
Máximo: 1500 €, destinada a idiomas, certificacións, material ou outros gastos vinculados aos estudos aprobados por Fundación Adecco.
Kit de competencias profesionals
3 sesións de consultoría laboral
Role play entrevista
Entrevista en empresa
UNIDOS START: Programa de iniciación Académica e Profesional para Talento con Discapacidade: dirixida a estudantes de Grao con menos do 50% dos créditos superados e estudantes de primeiro curso de FP.
Máximo: 750 euros, destinada a idiomas, certificacións, material ou outros gastos vinculados aos estudos aprobados por Fundación Adecco.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible