Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de formación en Unidades e Áreas 2026/2027 da UVigo

A Universidade de Vigo convoca 27 bolsas de formación complementaria en unidades e áreas da propia universidade para fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/09/2026

Duración:

A duración máxima do período formativo será de 8 meses. Non se iniciará antes do 1 de novembro de 2026 e finalizará o 30 de xuño de 2027.

Requisitos:

  • Estar matriculado en centros propios no curso 2026/2027 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario sinaladas no anexo II das bases da convocatoria, no campus en que se opta á bolsa. 
  • No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. 
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II das bases da convocatoria.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de 12 meses, de forma consecutiva ou descontinua...

Remuneración / Custo:

A contía individual será como máximo de 400€/mes para as bolsas de 15 horas.

Páxina web:

secretaria.uvigo.gal

Contacto:

Universidade de Vigo

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos

Edificio Exeria - As Lagoas, Marcosende, 36310 - Vigo (Pontevedra)

tel: 986 81 40 94

e-correo: bolsasformacion@uvigo.gal

Publicación: DOG 07/08/2026

Documentos:

Bases convocatoria (pdf) (792 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión