Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas de introdución á investigación "JAE Intro ICU 2026"
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca ata 441 bolsas de formación, para estudantes universitarios con alto nivel de rendemento académico, nos institutos de investigación, centros nacionais, unidades técnicas, PTI e redes científicas/conexións do CSIC.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 10/03/2026
Segundo prazo: do 1 ao 30 de setembro de 2026.
Requisitos:
Persoas físicas maiores de idade, de nacionalidade española ou dos estados membros da Unión Europea e dos estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como persoas estranxeiras.
Cumprir os requisitos específicos establecidos na ficha descritiva do instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión CSIC á que opta na súa solicitude.
Estar matriculado no curso 20205/2026 nun grao universitario ou nun dobre grao universitario oficial dos indicados en cada ficha descritiva á que opta na súa solicitude e ter superados, polo menos, o 50% dos créditos "European Credit Transfer and Accumulation System" ou ben estar matriculado nun máster universitario oficial dos indicados na ficha descritiva á que opta na súa solicitude no curso académico 2025-2026 ou 2026- 2027.
Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura igual ou superior ao indicado na ficha descritiva do instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión que se solicita.
Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor/a.
Non ser persoa beneficiaria dunha bolsa de ningún programa JAE en convocatorias anteriores.
Remuneración / Custo:
A contía total da axuda e o número de mensualidades en que se abonará indícase en cada ficha descritiva de cada instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión, e será abonada mensualmente.
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 884982
O plan de formación derivado da concesión destas bolsas desenvolverase nos grupos de investigación dos institutos de investigación do CSIC enmarcados nas tres áreas globais (Vida, Sociedade e Materia), baixo a dirección do persoal investigador responsable.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible